FCOV02 Comunicación en lingua castelá N3 presencial
Data de inicio: 14/06/2023 e o 22/08/2023
Modalidade: Máis de 100 horas de formación presencial en Vigo, con clases de 15:30 a 20:30
Descrición:
Nesta formación aprenderás a comprender, analizar, sintetizar e valorar diferentes tipos de contidos orais e escritos en español. Abarcaranse varias temáticas, co fin de dinamizar a soltura do alumno no idioma: ciencia, cultura, lecer, entre outros. Daranse as directrices para expresarse adecuadamente de forma oral e escrita.
Módulos:
- Comunicar ideas e opinións en interaccións orais, sobre temas de actualidade
- Demostrar un nivel de comprensión e uso de expresións orais e textos escritos que lle permitan o acceso ao coñecemento, sintetizando e expresando informacións contidas en distintas fontes previamente consultadas
- Crear comunicacións escritas de tipo expositivo e argumentativo, utilizando un discurso propio e construíndoas con coherencia, cohesión e corrección ortográfica e gramatical.
- Analizar e interpretar de forma crítica textos, recoñecendo os seus elementos estruturais básicos e expresando con autonomía unha opinión.