FCOV06 COMUNICACIÓN EN LINGUA INGLESA N3
Data de inicio: 18/07/2023
Modalidade: 180 h de formación en liña, con clases de 9:00 a 14:00 e exames presenciais.
Descrición:
Comprender de forma oral e escrita o inglés, para poder expresarse e interactuar en diferentes contextos sociais e culturais. Buscarase que o alumno teña certa autonomía e adecuación, para desempeñarse en situacións cotiás.
Módulos:
- Comprensión oral e escrita dos puntos principais dun texto e en lingua estándar sobre cuestións coñecidas, xa sexa en situacións de traballo, de estudo ou de lecer.
- Expresión e interpretación oral de diferentes tipos de discurso acordes á situación comunicativa, en diferentes contextos sociais e culturais.
- Produción de textos sinxelos e coherentes sobre temas familiares ou nos que existe un interese persoal ou profesional.
- Descrición de experiencias, acontecementos, desexos e aspiracións, así como expresión breve de opinións ou explicación de plans.
- Interacción oral en situacións da vida diaria e sobre temas familiares, de lecer, laborais, viaxes ou de actualidade.