O Certificado de Profesionalidade en Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais (ADGG0408) está orientado á formación de profesionais na realización de tarefas administrativas de apoio, con formación especializada na xestión documental, atención ao público, xestión de correspondencia, manexo de ferramentas informáticas e apoio en procesos administrativos de calquera ámbito laboral. Ao longo do curso, aprenderás a realizar tarefas fundamentais no día a día dunha oficina ou departamento administrativo, garantizando a eficiencia e a organización dentro das empresas.
No curso de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais (ADGG0408), desenvolverás competencias clave para o manexo e organización de documentación administrativa, realizando tarefas de apoio en diversas funcións de oficina. Aprenderás a xestionar e arquivar documentos de maneira eficiente, organizar correspondencia, atender e orientar ao público, e colaborar na xestión de procesos administrativos. Tamén adquirirás coñecementos en ferramentas informáticas que che permitirán automatizar tarefas, como a creación de informes, a xestión de bases de datos e o uso de programas de xestión administrativa. O curso tamén abarca a aplicación de normas e procedementos administrativos, o que te capacitará para desempeñar un papel clave no funcionamento dunha oficina ou departamento administrativo.
Este certificado habilítate para traballar como auxiliar administrativo en calquera tipo de empresa ou institución, tanto no sector privado como público. Poderás desempeñar funcións de xestión documental, atención ao cliente, e organización de procesos administrativos. O curso tamén capacítate para realizar tarefas de apoio na contabilidade, recursos humanos, e outros departamentos clave dentro dunha organización. Grazas ao aprendido, estarás preparado/a para asumir o rol de axuda en diferentes procesos administrativos, facendo de ti un profesional versátil que pode adaptarse a múltiples funcións en entornos laborais administrativos.
É unha titulación oficial que acredita competencias nunha área profesional específica. Está recoñecido en toda España e facilita o acceso ao mercado laboral no sector correspondente. Como esta regulado polo SEPE garante o seu recoñecemento oficial en todo o territorio español e na Unión Europea.
Os requisitos varían segundo o nivel do certificado:
Nalgúns casos, tamén se pode acceder mediante experiencia laboral ou probas de competencias clave.
Si, ao tratarse dunha formación presencial, a asistencia é obrigatoria. Débese cumprir cunha porcentaxe mínima de asistencia para poder obter o certificado.
Depende do horario do curso. Ao ser presencial, requírese asistencia regular, polo que deberás asegurarte de que a túa dispoñibilidade é compatible coa formación.
Gratuíto
448 horas
4
20/05/2025
Español, Galego
Diploma acreditativo