Detalles do curso

Soldadura por Arco Baixo Gas Protector con Electrodo Non Consumible, Soldeo "TIG" (FMEC0219_2)

Descripción

O Certificado de Profesionalidade en Soldadura por Arco Baixo Gas Protector con Electrodo Non Consumible, Soldeo «TIG» (FMEC0219_2) está orientado á formación de profesionais altamente cualificados na técnica de soldadura TIG. Este curso ofrece os coñecementos e habilidades necesarios para realizar unións e reparacións en materiais metálicos, garantindo a calidade, seguridade e cumprimento das normativas vixentes no sector metalúrxico.

Contidos:

MF2312_2: Realización das operacións previas ao soldeo con electrodo

  • UF2998: Realización das operacións previas ao soldeo con electrodo
  • UF2999: Prevención de riscos laborais en traballos de soldadura

MF2314_2: Realización das operacións postsoldeo con electrodo

  • UF2999: Prevención de riscos laborais en traballos de soldadura
  • UF3003: Realización das operacións postsoldeo con electrodo

MF2315_2: Execución das operacións de soldeo por arco con electrodo revestido

  • UF2999: Prevención de riscos laborais en traballos de soldadura
  • UF3004: Preparación para a soldadura por arco baixo gas protector con electrodo non consumible, soldeo «TIG» e soldadura TIG de aceiro carbono
  • UF3005: Soldadura TIG de aceiro inoxidable
  • UF3006: Soldadura TIG de aluminio e aliaxes

MFPCT0595: Módulo de formación práctica en centros de traballo de soldadura TIG

Beneficios

Ao longo da formación, aprenderás a manexar equipos de soldadura TIG, preparar superficies e realizar unións en diferentes tipos de metais, como aceiro inoxidable e aluminio. Familiarizaraste coas características dos gases de protección, os parámetros de soldeo e as técnicas necesarias para asegurar un acabado óptimo. Ademais, coñecerás as normativas de seguridade e prevención de riscos laborais aplicadas ao proceso de soldadura.

Preguntas Frecuentes

Este certificado permíteche traballar como soldador TIG en sectores como a construción, a automoción, a industria naval ou a fabricación metálica. Habilítate para interpretar planos, seleccionar materiais e realizar traballos de soldadura de alta precisión en talleres ou empresas especializadas, cumprindo cos estándares de calidade e seguridade establecidos.

É unha titulación oficial que acredita competencias nunha área profesional específica. Está recoñecido en toda España e facilita o acceso ao mercado laboral no sector correspondente. Como esta regulado polo SEPE garante o seu recoñecemento oficial en todo o territorio español e na Unión Europea.

Os requisitos varían segundo o nivel do certificado:

  • Nivel 1: Non se requiren estudos previos.
  • Nivel 2: Necesítase o título da ESO ou equivalente.
  • Nivel 3: Requírese Bacharelato ou unha titulación equivalente.

Nalgúns casos, tamén se pode acceder mediante experiencia laboral ou probas de competencias clave.

Si, ao tratarse dunha formación presencial, a asistencia é obrigatoria. Débese cumprir cunha porcentaxe mínima de asistencia para poder obter o certificado.

Depende do horario do curso. Ao ser presencial, requírese asistencia regular, polo que deberás asegurarte de que a túa dispoñibilidade é compatible coa formación.

Detalles do curso:

Precio do curso:

Gratuíto

Duración:

568 horas

Módulos:

5

Data:

22/04/2025

Idiomas

Español, Galego

Certificados

Diploma acreditativo